Obradoiros artesáns visitables
Arxemil · Luthería
Obradoiro de construción e reparación de instrumentos de corda friccionada, venda de instrumentos antigos, arcos e accesorios.
Concertar visita con anterioridade por teléfono.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Olería Elías
Taller de olaría situado na antiga casa reitoral de Gundivós, construción do S. XVIII onde se encontra cunha sala de exposición e venda de olaría, museo onde se recollen pezas históricas e elementos etnográficos da zona. Ademais dispón dunha área para seminarios, e dun encantador espazo para realizar demostracións.
Para visitas de grupos de máis de 15 persoas concertar visita con antelación. O prezo pola visita en grupo é de 1,50 eur/persoa.
O horario de novembro a marzo é de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 19 h. de martes a domingo. De abril a outubro de 10:30 a 13:30 e de 16 a 20 h. de luns a domingo.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Olería Pepe Otero
Obradoiro de olería. Concertar visitas con antelación.
Non dispón de aparcadoiro pero si de acceso para minusválidos.
Localización
AnaRoseton Ourive
Obradoiro e tenda de xoias. Concertar visita cunha semana de antelación. Visitas en grupo como máximo 6 persoas.
Horario de martes a venres de 11 a 13 e de 17 a 20 h. Sábados de 11 a 14 h. Domingos de feira de 11 a 14 h.
Non dispón de aparcadoiro nin de acceso para minusválidos.
Localización
Antón Varela
Obradoiro de gaitas. Concertar visita por teléfono. Non acepta visitas de grupos.
Horario de luns a venres de 10 a 13:30 e de 16:30 a 20 h. Sábados de 10 a 13:30 h.
Non dispón de aparcadoiro nin de acceso para minusválidos.
Localización
Idoia Cuesta
Obradoiro de cestaría contemporánea onde se fan demostracións. Posibilidade de obradoiros para adultos e nenos. Concertar visita por teléfono.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Fina Crespo
Obradoiro de ourivería. Chamar para concertar visita.
Localización
Gaitas Gil
Obradoiro de gaitas. Demostración e breve explicación do traballo realizado. Para concertar a visita chamar cun día de antelación.
Horario de luns a venres de 9:30 a 14 e de 16:30 a 19:30 h. No verán de 7 a 15 h.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Xaneco
Obradoiro de instrumentos musicais. Visitas para grupos ou colexios con cita previa de 15 días de antelación. Descrición e charla informativa do proceso de construción. Prezo 200 eur+IVE. A charla ten unha duración dunha hora. Posibilidade de comprar instrumentos.
Horario de 9 a 20 h. En xullo e agosto de 9 a 16 h.
Dispón de aparcadoiro e o acceso para minusválidos encóntrase na parte traseira do obradoiro.
Localización
Miguel A. Fernández González
Obradoiro de carpintería onde se fan demostracións. Pódense facer encargos.
Horario de 9 a 13 e de 15 a 19 h.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Arte-San
Obradoiro de talla de madeira onde se pode visitar a exposición, o obradoiro e mercar pezas na tenda.
Horario de luns a venres de 11 a 14 e de 16 a 20 h. De abril a outubro de 11 a 23 h.
Para a visita de grupos avisar con antelación de cinco días.
Dispón de acceso para minusválidos e ten aparcadoiro próximo.
Localización
Queiper Laza
Taller e tenda téxtil onde se poden ver máquinas de coser e exemplares de traxes tradicionais galegos. Horario de 10 a 12:30 e de 16:30 a 19:30 h.
Concertar visita por teléfono.
Non dispón de aparcadoiro pero si de acceso a minusválidos.
Localización
Estruga
Taller de flores prensadas onde se explica o proceso de traballo, ilustrado con pezas en proceso de elaboración. Non existe tenda pero pódense mercar pezas.
Concertar visita con antelación por teléfono.
Dispón de aparcadoiro. Aínda que non existe acceso formal para minusválidos, ao estar ubicado o taller nunha planta baixa o acceso non presenta dificultades.
Localización
Rueca
Taller e tenda de encaixe onde se explica o proceso de elaboración.
Horario de 10 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 h.
Dispón de aparcadoiro pero non de acceso para minusválidos.
Localización
Centro de Recuperación de Cultura Popular
Taller téxtil con tenda de Artesanía de Galicia onde se poden ver os teares e visitar o Castelo.
Para grupos con visita guiada concertar visita con antelación.
Horario de 10 a 13 e de 16 a 19 h. Luns pechado. No verán de 10 a 13 e de 17 a 20 h. Fins de semana e festivos de 11 a 14 e de 16 a 19 h.
Dispón de aparcadoiro pero non de acceso para minusválidos.
Localización
Fundación Terra Termarum Castrolandin
Taller de recuperación da cerámica Castrexa. Proceso de elaboración do traballo. Para grupos organizados posibilidade de demostracións específicas. Exposición e venda da cerámica de Castrolandín.
Horario de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16 a 20h. Sábados de 10:30 a 13:30h.
Non dispón de aparcadoiro pero si de acceso para minusválidos.
Localización
Obradoiro de Gaitas Roi
Taller de gaitas e flautas tradicionais onde se fai unha pequena demostración do proceso de elaboración e funcionamento. Explicación da historia da gaita e requinta.
Horario de 10 a 14 e de 17 a 20h. Concertar visita por teléfono.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Cecilia Carballo-Artelar
Taller téxtil de liño onde se fan demostracións en vivo. Explicación do proceso de elaboración mediante un vídeo. Duración da visita de unha a dúas horas.
Concertar visitas por teléfono ou correo electrónico.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Olería Lista
Taller de olería onde se fan demostracións. Explicación do proceso de elaboración.
Concertar visita por teléfono.
Horario de 8 a 14 e de 16 a 20 h.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Artesanía Loxe
Taller e tenda de marroquinería onde se imparten cursos.
Non dispón de aparcadoiro nin de acceso a minusválidos.
Localización
Olería Carmen Isabel
Taller de olería onde existe a posibilidade de facer unha demostración co torno oleíro.
Horario de luns a venres de 10 a 13 e de 17 a 20 h. Concertar visita sempre por teléfono.
Dispón de aparcadoiro pero non de acceso para minusválidos.
Localización
Sanín Percusión Tradicional
Fabricación artesanal de instrumentos musicais de percusión tradicional.
Concertar visita con antelación. Demostración e venda.
Horario de 8 a 19 h.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Francisco Escudero
Taller onde se traballa escultura contemporánea e escultura tradicional en granito, mármore, madeira, bronce, escaiola e novos materiais como poliéster.
Danse clases e cursos de escultura en todas as súas modalidades. Exposición e venda. Posibilidade de concertar visitas didácticas con demostración.
Concertar visitas por teléfono.
Horario cotián de 9 a 13 e de 16 a 19 h.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
AI Joyas de Autor
Taller de xoiería onde se explica o proceso de elaboración no taller, exposición e venda na galería.
Concertar visita por correo electrónico ou por teléfono.
Horario de 11 a 14 e de 17 a 21 h. de luns a venres.
Non dispón de aparcadoiro (parking próximo) nin de acceso para minusválidos.
Localización
Carpintería de Alejandro
Taller de madeira onde se fan pequenas demostracións. Tenda a 300 m. do taller.
Concertar visita con antelación de 24 h. Grupos de 8 persoas como mínimo.
Horario de 17 a 21 h., xullo, agosto e setembro.
Localización
APAMP
Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral.
APAMP é un centro de atención de persoas con parálise cerebral. Na parte ocupacional contamos cun taller de papel artesanal, outro de cartón pedra, encadernación e un de téxtil.
Durante a visita (sempre con cita previa) amosamos os nosos talleres e tamén a nosa forma particular de traballar estas técnicas artesanais.
Venda de produtos.
Horario de 10 a 14 h. Pechado mes de agosto, Semana Santa e Nadal.
Non dispón de aparcadoiro pero si de acceso para minusválidos.
Localización
Artesanía Herminia Rodríguez
Taller onde se poden ver demostracións de encaixe, preferiblemente polo serán. Pódense ver traballos de bordados de pedrería, encaixe de palillos e algún detalle de confección. Se imparten clases a grupos non superiores a 10 persoas.
Concertar visita con antelación.
Horario de 9 a 13 e de 16 a 20 h.
Non dispón de aparcadoiro nin de acceso para minusválidos.
Localización
Fernando Mourón
Taller de olería onde se fan demostracións do traballo no torno oleiro.
Concertar visita sempre por teléfono.
Localización
Domiart
Taller onde se fan demostracións de talla e gravado de cristal.
Concertar visitas previo aviso. Para demostracións concertar horario. Grupos reducidos como máximo de 5 persoas.
Horario de 10 a 14 e de 16:30 a 20:30 h. Sábado de 10 a 14 h.
Non dispón de aparcadoiro nin de acceso para minusválidos.
Localización
Chus Lage
Taller de escultura, cerámica e olaría tradicional.
Existe un museo de olaría tradicional, unha tenda pequena, escultura exterior, etc. Posibilidade de demostración.
As condicións son a tratar co grupo, que nun principio será como mínimo de 10 e máximo de 15 persoas.
Horario: xuño, xullo e agosto, de martes a venres de 18:00 a 20:00 h. Sábados de 11:30 a 13:30 h.
Non poden pasar autobuses pero si coches (aparcadoiro próximo). Para acceder ao taller hai un chanzo.
Localización
