Camiño Francés
Kinga Haudek
Obradoiro de xoiería artística. Para visitar o obradoiro concretar data con cita previa por teléfono ou por correo electrónico. Demostración das técnicas artesanais de ourivería. Exposición e venda das pezas.
Non dispon de aparcadoiro nin de acceso a minusválidos.
Localización
ElTallerdeFer
Tenda-obradoiro de coiro. Concertar visita con anterioridade.
Localización
Susi Gesto-Ourive
Obradoiro de ourivaría tradicional onde aínda se traballa o acibeche e os metais de forma artesanal. Onde cada peza é unha obra única.
Horario: de 11 a 14 e de 17 a 20 h. Na zona existen aparcadoiros próximos.
Realízanse talleres en grupos (con espazo externo para asociacións, fundacións, etc.), ou individuais.
Localización
Antigüidades Carmen Rodríguez
Obradoiro de restauración e recuperación de mobles antigos. Dispón dun espazo de exposición e venda.
Concertar visita por teléfono ou por correo electrónico.
Localización
Bulideira
Tenda e taller especializada en traxes tradicionais galegos.
Concertar visita con anterioridade. Para a visita é necesario ter en conta o habitual movemento que ten unha tenda, podendo ser esta interrompida.
Dispón de aparcadoiro pero non de acceso para minusválidos.
Localización
Arxemil · Luthería
Obradoiro de construción e reparación de instrumentos de corda friccionada, venda de instrumentos antigos, arcos e accesorios.
Concertar visita con anterioridade por teléfono.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Arte-San
Obradoiro de talla de madeira onde se pode visitar a exposición, o obradoiro e mercar pezas na tenda.
Horario de luns a venres de 11 a 14 e de 16 a 20 h. De abril a outubro de 11 a 23 h.
Para a visita de grupos avisar con antelación de cinco días.
Dispón de acceso para minusválidos e ten aparcadoiro próximo.
Localización
Cecilia Carballo-Artelar
Taller téxtil de liño onde se fan demostracións en vivo. Explicación do proceso de elaboración mediante un vídeo. Duración da visita de unha a dúas horas.
Concertar visitas por teléfono ou correo electrónico.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Sanín Percusión Tradicional
Fabricación artesanal de instrumentos musicais de percusión tradicional.
Concertar visita con antelación. Demostración e venda.
Horario de 8 a 19 h.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Domiart
Taller onde se fan demostracións de talla e gravado de cristal.
Concertar visitas previo aviso. Para demostracións concertar horario. Grupos reducidos como máximo de 5 persoas.
Horario de 10 a 14 e de 16:30 a 20:30 h. Sábado de 10 a 14 h.
Non dispón de aparcadoiro nin de acceso para minusválidos.
Localización
Como pez en el Agua
Tenda taller de artesanía onde se realizan e venden pezas feitas a man en diferentes materiais como esmalte e prata, feltro, fimo ou pintura sobre tea. Ao fondo da tenda está situado o taller onde sempre se pode ver o traballo en directo.
Horario: luns de 17:00 a 20:30 h. Martes a venres de 10:15 a 13:45 e de 17:00 a 20:30 h. Sábado de 11:00 a 14:00 h. En decembro os luns aberto pola mañá e os sábabos pola tarde.
Localización
A Grileira
Obradoiro de instrumentos musicais. Existe tenda.
Horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h. Pechada a segunda quincena de xullo e de agosto.
Non dispón de aparcadoiro.
Localización
Pablo Carpintero
Obradoiro de instrumentos tradicionais galegos. O obradoiro conta cun museo de máis de 300 pezas. Tenda aberta ao público.
Grupos de ata 10 persoas. Idiomas, francés, inglés e portugués.
Horario de 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 h. de luns a venres, agás agosto. Dispón de aparcadoiro e acceso para minusválidos.
Localización
Noroeste; Xoias de Autor
Obradoiro de xoiería onde existe a posibilidade de facer demostracións. Concertar visitas para grupos con 48 horas de antelación e con dúas horas se son individuais.
Horario de mañá. Non dispón de aparcadoiro nin de acceso para minusválidos.
Localización
Jatafarta
Obradoiro de marroquinería onde as visitas estarán condicionadas polo horario de traballo que pode variar ao longo do ano. Mostrarase o proceso de elaboración que se estea facendo nese momento. Proximamente tenda e zona de exposición. Concertar visita por teléfono.
Non dispón de aparcadoiro nin de acceso para minusválidos.
Localización
Laia Zapateiros Artesáns
Horario: 10:30 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h. Sábados e domingos: 10:00 a 14:00 h.
Tenda-Obradoiro de traballos propios en coiro e tamén de outros obradoiros artesanais galegos. Botas, zapatos, sandalias, bolsos, cintos, carteiras…
Acceso para minusválidos na planta baixa.
Localización
